Concerto da Camerata OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia)

CONCERTO
CAMERATA OSG
(Orquesta Sinfónica de Galicia)

O domingo 25 de outubro de 2026, ás 16:00 horas, o Circo de Artesáns da Coruña acollerá un concerto da Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), unha oportunidade para gozar da música clásica en directo nun espazo emblemático da vida cultural coruñesa.

A Camerata da OSG ofrecerá unha actuación na que a música de cámara será a protagonista, achegando ao público a riqueza sonora e a expresividade dos instrumentos de corda.

Con esta actividade, o Circo de Artesáns continúa o seu compromiso coa promoción e difusión da cultura, ofrecendo unha programación musical aberta á cidadanía e contribuíndo a achegar a música clásica a públicos de todas as idades.

O concerto conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Información do concerto

  • Actividade: Concerto da Camerata da OSG
  • Data: Domingo, 25 de outubro de 2026
  • Hora: 16:00 h
  • Lugar: Circo de Artesáns, Rúa Santo André, 36 – A Coruña
  • Entrada: Libre ata completar aforo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *