Biblioteca – Arquivo

A biblioteca do Circo de Artesáns está formada por un fondo bibliográfico de máis de once mil volumes. Todos son testemuña da actividade social e cultural da nosa entidade durante un amplo período de tempo. Toda a literatura máis en boga nos anos finais do século XIX e primeira metade do século XX está presente nesta colección. Autores de sona teñen unha especial presenza. Nomes como os de Emilia Pardo Bazán, Julio Verne, Víctor Hugo, Benito Pérez Galdós, Emilio Castelar, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Manuel Murguía,  Uxío Carré… toman asento nas estantes desta veterana institución.
 
No arquivo consérvanse os testemuños da vida da nosa sociedade. As actas da Xunta Directiva gárdanse desde os seus inicios, no ano 1847. Os rexistros de socios, a xestión bibliotecaria, a correspondencia, a documentación relativa a múltiples homenaxes que se fixeron a escritores e autoras ilustres, a colección de Apropósitos para o Entroido, a colección de fotografías… mostran a longa vida do Circo de Artesáns.
 

Contacto: biblioteca@circodeartesans.gal