
Autobán 2026 no Circo de Artesáns
O venres 14 de agosto, o Circo de Artesáns acolle unha nova xornada da programación do Autobán 2026, cunha proposta que reúne fanzines, cómic, ilustración, presentacións e creación en directo.
A programación comezará ás 17:30 horas coa entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, presentada por Julia Abalde e Toño Vilaverde, coa colaboración do Concello da Coruña.
Ás 18:00 horas terá lugar o Autobombo, no que unha vintena de participantes do Autobán 2026 realizarán presentacións rápidas dos seus proxectos. A actividade conta co patrocinio de Galgo Azul e AGPI.
Finalmente, ás 19:30 horas, celebrarase o Combate de Debuxantes, unha proposta participativa na que oito artistas improvisarán debuxos en roldas sucesivas. O público será o encargado de votar e decidir quen se converte na persoa vencedora. A actividade estará presentada por Mateo e Gaudino e conta co patrocinio de Sacauntos, Malte, Alita Cómics e Jaspe Art.
Unha xornada para descubrir novos proxectos, coñecer artistas e celebrar a creatividade e a cultura do cómic galego.
📅 Venres, 14 de agosto de 2026
📍 Circo de Artesáns – A Coruña
⏰ Desde as 17:30 horas
