Proxección
“Emigración: galegos por escravos en Cuba”
Presentación e comentarios de
Ascensión Cambrón Infante, profesora da UDC
Martes, 30 de abril ás 19:30 horas
O Circo de Artesáns da Coruña, dentro do Ciclo “Alén Mar”, vai levar a cabo, o mércores día 30, ás 19,30 horas, unha actividade consistente na proxección do documental titulado “Emigrantes: galegos por esclavos en Cuba”. Este documental trata da expedición que, no ano 1854, organizou o parlamentario e empresario Urbano Feijóo a través da sua empresa “patriótica mercantil”.
Os máis de mil setecentos emigrantes a Cuba levados por Feijóo foron con cadanseu contrato de traballo. Nel as condicións laboaris eran pésimas. Traballos de quince horas diarias, admisión de castigos corporais, e salario menor que o da man de obra negra. Paliar a miseria das condicións de vida en Galicia e “branquear” a poboación cubana foron os obxectivos explícitos daquela expedición. A protesta polas condicións de vida en Cuba foi o motivo das rebelións daqueles galegos na illa antillana.
Foi un coruñés, tamén parlamentario, quen fixo protesta daquela situación no Congreso dos Deputados. Ramón de la Sagra defende unha investigación a partir das cartas que chegan a Galicia relatando as pésimas condicións de vida daquela xente. Pide a intervención do goberno e das autoridades coloniais. O tema foise diluindo co paso do tempo sen maior consecuencia.
A expedición de Feijóo marca o incio da emigración galega masiva cara a colonia cubana.
A presentación do documental, e os comentarios despois da sua proxección, correrán a cargo da profesora da filosofía na UdC Ascensión Cambrón, quen tamén intervén no mentado documental.