
O grupo de Teatro Circo de Artesáns estrea:
O XUÍZ LARPEIRO
(Adaptación ó Galego da “Farsa y justicia del corregidor” de Alejandro Casona)
ELENCO Narradoras- Ana María Pena e Isabel Tabeayo Xuíz- Manuel Chacón Secretaria- Mari Luz Rodríguez Antón- Jesús Granja Carniceiro- Xurxo Costa Peregrina- Mercedes Freire Costureira- Tensi Pontide Muiñeira- Lola Riveira Dirección artística- Ramiro Neira
Esta peza teatral conta de maneira xocosa a historia dun taberneiro que se roubou un leitón de xabarín a pedido do Xuíz. O taberneiro fuxindo do cazador atravesa por múltiples sucesos que lle complican a súa vida, grazas á súa mala sorte, por tanto non queda outra opción que a acudir ao xuíz con quen se confabula. O Xuíz, xunto coa súa secretaria comezan a axudalo manexando a lei á súa conveniencia.
Entrada libre ata completar aforo
📆 Sábado, 31 de xaneiro
🕛 18:00 horas
📍 Circo de Artesáns – Rúa Santo André, 36 – A Coruña
