O ECLIPSE DA NOSA VIDA

O ECLIPSE DA NOSA VIDA

O eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026 será un dos grandes acontecementos astronómicos que poderemos vivir desde Galicia.

Para coñecer todos os seus segredos, o Circo de Artesáns e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan a conferencia “O eclipse da nosa vida”, impartida por Óscar Blanco, presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e experimentado observador de eclipses totais de Sol.

Durante a conferencia descubrirás:
🌞 Como se produce un eclipse total de Sol.
🌍 Por que o do 12 de agosto será un evento excepcional.
🕶️ Como observalo con total seguridade.
🔭 Consellos prácticos para gozar dunha experiencia inesquecible.

Ao finalizar a conferencia, entregaranse gratuitamente unhas gafas homologadas para todas as persoas asistentes.

Data: Martes, 28 de xullo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Circo de Artesáns – Rúa Santo André, 36 – A Coruña

Organizan:
Circo de Artesáns e Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *