“MÚSICA E MÚSICOS GALEGOS NO CIRCO DE ARTESÁNS 2025” – Concerto de Nuria Lorenzo e Alejo Amoedo

MÚSICA E MÚSICOS GALEGOS NO CIRCO DE ARTESÁNS 2025

Concerto con:

Nuria Lorenzo, Mezzosoprano

Alejo Amoedo, Pianista

Sábado 1 de febreiro ás 19:30 horas

 

 

Curriculum de Nuria Lorenzo, mezzosoprano

Titulada Superior en Canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Asistíu a clases maxistrais da mezzosoprano Helga Mueller Mollinari en Verona, Italia. É catedrática de canto no Conservatorio Superior de Música de Coruña.
Foi galardoada co «Medalla de Galega Destacada 2014» en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Gañadora do 2.º Premio Nacional de España no concurso J. J. M. M; 1.º Premio de Galicia no concurso Música Xove; 1.º Premio á Excelencia Musical na Coruña e o 1.º Premio á Interpretación Musical en Vigo. Foi bolseira pola Universidade de San Louis (EE. UU.) para estudar interpretación da canción española.
Gravou o CD titulado Lembrándote e (di) Versos Femeninos (RDC, 2022), este último co pianista Alejo Amoedo e a música de Juan Durán.

Curriculum de Alejo Amoedo, pianista

Alejo é máster pola Universidade de Vigo (2013) e doutor pola Universitat Politècnica de Valencia (2019). Pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Acaba de presentar o seu último traballo discográfico: o LP en vinilo de 12 polgadas, A mansión dos anxos. Música de Salón de compositores pontevedreses do XIX e XX (Dos Acordes, 2024) para piano só.
Foi galardoado co «Premio da Crítica de Galicia» (2021) e co «Premio da Música Gregorio Baudot» (2022), este último concedido pola Sociedade Artística Ferrolana.
No 2022 foi elixido membro electivo do Plenario do Consello da Cultura Galega, nomeando director do Arquivo Sonoro de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *