Presentación do libro
“Cartas y otros escritos musicales de Carlos López García-Picos”
Autor Javier Ares Espiño
Editado por Editorial Beroly co patrocinio do Concello de Betanzos e a colaboración do Grupo de Investigación Organistrum da USC.
Coa colaboración musical de:
Susana de Lorenzo González, soprano: - Membro do grupo DOA - Funda Deusa Tola, con Xoan Piñón, A súa traxectoria defínese pola variedade de repertorio e polo estreno de obras e recuperación de compositores. Solista coa OSG, Filharmonía de Santiago, O. Sinfónica de Melide, Or.Cámara Galega, O.Gaos, Mondello Quartet, B. M. A Coruña. - Solista da Compañía Lírica de Galicia. - Recupera a vida e obra da compositora compostelana Eugenia Osterberger, xunto con R. Martínez e B. López-Suevos. - Soprano no disco “Cantos á Natureza”. - Estrena “Krista Cristal”, audiovisula experimental do autor Jesús Sú. - Con Alejo Amoedo estrena numerosas pezas de compositores galegos, - Con Javier Ares estrena as Canciós para voz e piano de Carlos López García-Picos. - Soprano no grupo de cámara “Old Vienna” - Invitada frecuentemente a interpretar repertorio jazzístico. - “Matrocina” ó Trío Laurus cun percorrido polo repertorio sacro. - Dá na Universidade de A Coruña unha serie de Conferencias-Concerto sobre Música e Mitoloxía, co título de “A Música dos Deuses”. - Co pianista Rupert Twine aborda un novedoso repertorio de Música inglesa. - Forma o “Dúo Aedos” con Julia María Dopico Vale e Piñeiro e interpretan musica de Trovadoras. - Co proxecto “Cantar da ialma” percorre as Igrexas cantando acompañada por su arpa de cristal Profesora de Latín e Grego.
Javier Ares Espiño, piano: (Ourense, 1979), doutor pola USC e catedrático de piano no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Realizou os seus estudos de piano no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, baixo a dirección de Natalia Lamas. Posteriormente ampliou a súa formación no Centro Superior de Ensinanza Musical Katarina Gurska, recibindo clases de Alexander Kandelaki e Nino Kereselidze. Desenvolve unha ampla actividade como concertista en diversas formacións de música de cámara e tamén como solista. A través do programa de doutorado “Música na España Contemporánea” (UGR, UB, UNIOVI e USC) iniciou a súa labor como investigador, baixo a dirección do Dr. Carlos Villanueva. En 2016 publicou unha monografía titulada Carlos López García-Picos. Música a orillas del Atlántico, co editada pola USC, a Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos. É membro da Irmandade da Música Galega, forma parte do Grupo Organistrum da USC e actualmente participa no Proxecto de I+D+i Galicia-América: Música civil, ideoloxía e identidades culturais a través do Atlántico (1800-1950) (REF: PID2020-115496RB-I00). https://www.javierares.gal/