Beethoven. Variacións Diabelli – Javier Vázquez Grela, piano

Beethoven. Variacións Diabelli

Javier Vázquez Grela, piano

As Variacións Diabelli, op. 120, constitúen unha das obras culminantes da historia do piano. Beethoven transforma un modesto vals composto por Anton Diabelli nun impresionante ciclo de trinta e tres variacións cheas de imaxinación, humor, lirismo e profundidade.

O pianista Javier Vázquez Grela presenta este recital monográfico nunha interpretación íntegra dunha obra que representa o cumio da madurez creativa do compositor alemán.

Luns, 6 de xullo de 2026
19:30 horas

Circo de Artesáns
Rúa San Andrés, 36
A Coruña

Entrada de balde ata completar capacidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *