
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
O 27 de Marzo, venres, conmemórase a escala mundial o Día do Teatro. Esta efeméride foi implantada no ano 1961 como modo de resaltar o valor social e artístico deste xénero literario. O Circo de Artesáns, a través do Club de Lectura Manuel Linares Rivas, quere sumarse a esta conmemoración e faino con duas actividades, unha homenaxe a Valle Inclán e unha representación teatral.
A homenaxe a Valle Inclán a realizará o Club de Lectura Manuel Linares Rivas ao pé do busto que ten nos xardíns de Méndez Núñez. A lectura de fragmentos de DIVINAS PALABRAS é o mellor modo para expresar o recoñecemento e admiración a un autor que soubo renovar o xénero teatral creando un mundo propio, onde as representacións de tipos populares., e o seu particular tratamento, centra en boa medida esa nova narrativa teatral. Esta homenaxe realizaráse o venres, ás 12 da mañán.
A representación teatral terá lugar no salón do Circo de Artesáns. Protagonizada pola “Asociación Mar de Lenguas”, basease nunha obra do autor francés Jean-Pierre Martínez, titulada “Resistiremos, la obra no se cancela”. A adaptación e posta en escea da obra corre a cargo de Beatriz Arboleya. A representación terá lugar o venres ás 19 horas.
