Presentación do libro “Dramática persecución”

Presentación do libro

“Dramática persecución”

Carmen Varela

A autora Carmen Varela chega á Coruña para presentar a súa novela “Dramática persecución”, unha historia chea de emoción, misterio e segundas oportunidades.

O acto terá lugar o xoves 28 de maio ás 19:30 horas no Circo de Artesáns. Será un encontro próximo co público no que a autora falará sobre a creación da obra, os personaxes e os temas que inspiran esta intensa novela.

Ao finalizar a presentación, as persoas asistentes poderán compartir un viño coa autora nun ambiente distendido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *