Venres, 16 de agosto
10:00 horas
Revisión portafolios por editores
De 17:30 horas a 21:00 horas
O primeiro día de Autobán está dedicado a actividades máis lúdicas que pretenden dar a coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.
Comezamos ás 17:30 coa cerimonia de entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.
Ás 18:00 iniciase o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha vintena dos proxectos que se verán neste Autobán.
Cara ás 19:30 poderedes gozar dun evento de hostilidade ilustrada, o sonado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisan debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar cun vencedor.
Sábado, 17 de agosto
21:30 horas
Encontro Profesional de Banda Deseñada.
Catering
Domingo, 18 de agosto
14:30 horas
Encontro profesional de editores e libreiros especializados.
Sesión vermú.