
Presentación libro
“LA ÚLTIMA RELIQUIA”
de Rodrigo Costoya
Sábado 13 de abril as 20:00h
Entrada libre ata completar aforo
Esta nova obra desenvólvese no reinado de Felipe II. O monarca, para a conquista de Inglaterra, manda unha escuadra de barcos, a Armada Invencible, que fracasará no seu intento. Como resposta, a raíña inlgesa manda ao seu mellor mariño, Sir Francis Drake, atacar as costas galegas. Nese contexto a obra recolle a defensa da Coruña co especial protagonismo de María Pita.
A pretensión do mesmo monarca con respecto ás reliquias do Apostolo Santiago, crea unha trama que finalmente provoca a perda desa reliquia durante tres séculos.
Rodrigo Costoya con esta obra segue a saga doutras novelas tamén ambientadas en épocas históricas. Profesor de Instituto en Santiago de Compostela, despois de gañar o IX Certame de Novela Histórica Ciudad de Úbeda 2020, tense consagrado como un dos mellores autores deste tipo de novelas do noso país. Obras súas son “O custodio dos libros”, “Los hijos de Gael” e “Portosanto”.
Activista cultural, ten organizado moitos eventos literarios. Defensor da tese do Colón galego, acompañou ao Circo de Artesáns o ano pasado nas xornadas dedicadas a difundir esta tese.