Presentación do libro “Cabronario” de Celso Emilio Ferreiro.
Luns 25 de marzo ás 19:30 horas
Entrada libre ata completar aforo
Esta obra é un poemario inédito do autor de Longa Noite de Pedra,
escrito na sua etapa venezolana. A obra foi censurada polo
franquismo ante a crítica descarnada que supuña a aquel réxime.
A obra, desde a morte do poeta, foi custodiada polo seu fillo Xabier
Ferreiro, quen presenta un estudo do poemario analizando o seu
contido e o contexto no que foi escrito.
Na presentación intervirán María Xose Porteiro, escritora e
xornalista, profunda coñecedora da figura de Celso Emilio Ferreiro,
Xavier Maglhâes, pintor e ilustador desta edición, e o editor Xabier
Romero.