Música e músicos galegos no Circo de Artesáns 2025 – Trio Caronium

Música e músicos galegos no Circo de Artesáns 2025

“TRÍO CARONIUM”

Obras de Rodríguez-Losada e Tchaikovsky

Violín: David Veiga Martínez / Violonchelo: Isabel Font Belmonte / Piano: Javier Ares Espiño

Sábado, 14 de xuño ás 19:00 horas

O Trío Caronium é un grupo de cámara formado por David Veiga Martínez (violín), Isabel Font Belmonte (violonchelo) e Javier Ares Espiño (piano) que nace no ano 2015. Entre os seus obxectivos está a posta en valor do patrimonio musical galego e nesa liña de traballo destaca a súa presentación no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, onde interpretou a integral dos tríos de Eduardo Rodríguez-Losada nun concerto que foi gravado pola Radio Galega. David Veiga e Isabel Font son docentes no Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Javier Ares no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *