Homenaxe ao deportado Arturo García Lagares

Acto Homenaxe ao deportado Arturo García Lagares

Venres 12 de xullo as 18:00 horas

Arturo Juan García Lagares naceu na Coruña o 25 de marzo de 1895. Era fillo de Juan García Martínez, e de Serafina Lagares Rodríguez. Casou con Aurora Blanco Martínez e tiveron un fillo: Juan García Blanco nacido en 1917 e abó de Luís e Gemma que nos acompaña hoxe.  A súa vida transcurríu nesta rúa.

Traballou como enfermeiro marítimo no vapor Órbita. Estaba afiliado ó sindicato anrcosindicalista  “La Cosmopolita”.

Perterneceu  á “Compañía Inglesa del Pacífico” dende, polo menos, o 12 de decembro de 1936.  Con catro compañeiros, desembarcaron en Liverpool, rexeitando todos eles volver á Coruña por temor a ser detidos á volta e  dirixironse a Barcelona.

Tralo final da guerra de España, como outros tantos, exiliouse en Francia e foi internado nun campo de concentración francés. Posteriormente foi detido en Żagań (Polonia)  e  enviado á prisión en Tréveris. Dalí foi deportado a Mauthausen xunto cos coruñeses  Víctor Conde Núñez, e Adrián del Castillo o 25 de Xaneiro de 1941. No campo compartíu destino cos coruñeses  Martín Ferreiro e Adolfo Bregua. O 12 de xulio dese ano 1941 foi  asasinado en Gusen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *