Concertos no Circo de Artesáns 2024

Concertos no Circo de Artesáns 2024

Concertos no Circo de Artesáns 2024

Gemma Román, Soprano

Andreína Múñoz, piano

 

Sabado 6 de abril ás 19:30h

Entrada libre ata completar aforo

GEMMA ROMÁN
Naceu en Tomelloso (Ciudad Real), onde comezou a cantar grazas ao Coro do Conservatorio. É deseñadora de moda superior graduada pola UPM e UC de Madrid. Ten tanto o título profesional como o superior de canto, ámbolos dous cursados ​​nos respectivos conservatorios da Coruña baixo as ensinanzas de María José Ladra, Maite Bárbara e Aida Cruz, obtendo a cualificación de Sobresaiente e un premio fin de grao. Recibiu clases maxistrais e asesoramento de Ana Luisa Chova, Marc Sala, David Mason, José Hernández Pastor, Alicia Amo, Celia Alcedo, María Espada, Ofelia Sala, Cristina Miatello, Carolina Pérez, Diana Somkhieva, Magna Ferreira, Manuel Vilas, Carmen Subrido, Manuel Burgueras e Paloma Gutiérrez.
No escenario operístico debuta no teatro principal de Burgos cos papeis de musa e ninfa na obra Gli amori di Apollo e Dafne de F. Cavalli, dirixida por Javier Ulises Illán, e no festival de música antiga Daroca, onde estrea co papel de musa na ópera L’Orfeo de Monteverdi, dirixida por Luis Antonio González.
Actualmente realiza concertos con diversos grupos nos que traballa como solista: trío Madrigalia G&M, dúos Vento Dolce, L’Alfolí, Gaudeamus, GaGes, Aria ed Anima e o conxunto de música antiga Afecto y Desdén. É membro da coral de ópera de Oviedo, colabora habitualmente coa coral Airiños de Quenxe e tamén colaborou coa Coral Polifónica da Costa da Morte.
Semifinalista do V Certame Internacional de Música Antiga de Xixón, Primeiro Premio e Premio do Público no XVIII Certame de Rondallas e Coros “Santiago Apóstolo”. Primer premio a excelencia dos estudios Mans.
Gravou varias cancións en discos colaborativos co trío Madrigalia, e diversos artistas e coros. Imparte diversas materias artísticas na súa academia Diver Art e en diversas institucións e escolas. Actualmente está en proceso de gravar o seu primeiro disco nos estudios Mans.
ANDREINA MUÑOZ
Valencia, Estado Carabobo. Venezuela. Comezou os seus estudos musicais de piano na Escola de Música Sebastián Echeverría Lozano, baixo a tutela de Natalia Acosta e Aura Marina Ríos. Paralelamente, estudou acordeón na Academia de Música Juan Sebastián Bach de Valencia coa profesora Marta Infante, Fátima Da Silva e Manola Rodriguez, rematando así os seus estudos completos do devandito instrumento. Participou nas clases maxistrais de piano de Walter Blankenheyn, Abraham Abreu, Gabriela Montero, Arnaldo Pizolante e Olga Lopez.Estudou piano no Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas co mestre ruso Igor Lavrov. Actuou como solista en diversas salas da súa cidade natal así como en Caracas, entre elas o Teatro Municipal de Valencia e a Sala José Felix Ribas do Teatro Teresa Carreño de Caracas. Como pianista acompañante, participou en diversos departamentos de instrumentos do Conservatorio Estatal de Música de Carabobo de Valencia, na Escola de Música Sebastián Echeverría Lozano e nalgúns seminarios de corda e vento impartidos polo Sistema Nacional de Orquestras Xuvenil e Infantil de Venezuela. Paralelamente ocupou durante varios anos o departamento complementario de piano en diferentes escolas de música do seu país e no Conservatorio Estatal de Música de Carabobo de Valencia.
En 2009 trasladouse a vivir a Galicia, España. En novembro de 2011 participou como pianista solista no XIII Ciclo de Concertos de Outono no Museo de Belas Artes da Coruña e no Casino Ferrolano con motivo da celebración da semana da música de Ferrol (España). En 2014 rematou os seus estudos musicais de piano no Conservatorio Superior da Coruña, obtendo así o Grao Superior de Música na especialidade de piano. Actualmente traballa na escola municipal de música da Coruña.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *