Concertos no Circo de Artesáns 2024

Concertos no Circo de Artesáns 2024

Concertos no Circo de Artesáns 2024

Rosalía trío

Sábado 20 de abril ás 19:30 h

Entrada libre ata completar aforo

 

Rosalía Trío

Rosalía Trío está integrado por María José Ladra (mezzosoprano), Juan Berná (óboe-corno inglés) e Margarita Viso (piano), tres profisionais cunha longa historia anterior de colaboracións diversas, desembocaron no 2015 na idea de ofrecer no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña (onde os tres eran profesores) unha obra orixinal de Marcial del Adalid para voz, corno inglés e piano, Douce brise.

Tras desta aparición pública como trío deciden ampliar o repertorio, sempre en base a música de compositores galegos, incorporando o óboe. A presencia de Rosalía en tantos poemas musicados por compositores galegos e non galegos do pasado e do presente percíbese como unha pulsión poético-musical continuada que leva ao grupo a tomar o nome da nosa poeta maior.

Rosalía trío adapta obras do repertorio clásico galego como (O Moucho de Piñeiro, a Alborada de Veiga) e solicita obras a diversos compositores que mois gostosamente se brindan a colaborar. Así compositores como Juan Durán, Pedro Berná, Fernando Vázquez Arias, Antón de Santiago, Ciro Ferrigno, León Durán ou Saúl Aguado de Aza escreben obras ex profeso para a formación ou ben adaptan obras propias, igualmente fan o propio Juan Berná e Margarita Viso, integrantes do Trío.

Xa como Rosalía trío ofrecen o seu concerto de presentación no Sporting Club Casino da Coruña o 2 de febreiro de 2018, onde repiten un ano despois (16-II-2019), para presentar novo repertorio. O 24 –II-2018 participan na celebración do 181 aniversario do nacimento de Rosalía na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, onde fora bautizada Rosalía, e máis na Casa-Museo de A Matanza, Padrón, interpretando no piano que alí se conserva que pertencera a Gala, filla de Rosalía. Actúan no Teatro de A Estrada 3-III-2018 e, o 7–XII- 2018, no Teatro Principal de Ourense dentro do “Ciclo lírico de outono”. Participaron no programa Xacobeo “O teu Xacobeo”, con actuacións en Ferrol (Afundación 1-II-2020), A Coruña (Fundación Barrié 2-II-2020), Lugo (Círculo das Artes 7-II-2020) e Santiago (Paraninfo da Universidade 8-II-2020). En 2022 realizan o programa “Has de Cantar” co patrocinio da Deputación da Coruña actuando novamente no Sporting Club Casino (9-IX-2022), no Coliseo Noela (13-XI-2022) de Noia, no Auditorio de Rianxo (18-XI-2022) e no Paraninfo da USC en Santiago de Compostela (23-XI-2022).

En 2021 gravan o CD “Has de cantar”, publicado por rdc en spotify, cunha selección dos seus mellores éxitos. (dispoñible en plataformas dixitais, vid. mostra en https://www.youtube.com/watch?v=bwso5C6o-CE).

Este álbum “Has de cantar” é resultado da labor que Rosalía Trío ven realizando dende a súa presentación en febreiro de 2018, centrada na interpretación de música sobre poemas galegos realizada por poetas, compositoras e compositores históricos e actuais e enriquece o repertorio para esta formación mediante encargos para as súas actuacións.

Algunhas das súas actuacións pódense ver e escoitar en: https://www.facebook.com/rosaliatriovozoboepiano/ e

https://www.youtube.com/channel/UCyO4vGkMuEtH6iyxn-SC01w/videos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *