Concerto e Presentación do disco/libro “Fremosas”
Martes 12 de marzo ás 19:30 horas
Presentación no Circo de Artesáns o libro “FREMOSAS: Cantigas de amor e Amigo”
A presentación correrá a cargo dos autores, o dúo Barahúnda, composto por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro, acompañados pola musicóloga Margarita Viso Soto.
FREMOSAS é unha colección de letras medievais galego-portuguesas musicadas polo dúo Barrahúnda, que se dará a coñecer no Circo de Artesáns , nun acto a medio camiño entre o concerto e a presentación do libro.
FREMOSAS é un libro para ler, inclúe unha importante colección de cancións onde se fai referencia aos autores de cada unha.
FREMOSAS é un libro para escoitar, xa que cada canción vai acompañada dun código QR que nos remite á interpretación de cada unha das pezas.
FREMOSAS tamén é un libro para xogar. Cada peza vai acompañada da súa partitura.
En definitiva, FREMOSAS é un recurso imprescindible para achegarse á poesía medieval galega desde diferentes ángulos.