Concerto de música clásica
Dasha Rosninskij
Luns, 26 de agosto ás 19:30 horas
Entrada libre ata completar aforo
Dasha é filla do mestre Wladimir Rosinskij e da violoncelo principal da OSG Ruslana Prokopenko. Comezou os seus estudos hai un ano na universidade de Viena Musik und Kunst Privatuniversitat der Stadt Wien (MUK).
A pianista é recoñecida internacionalmente pola súa mestría e paixón á interpretación. Así, o próximo 26 de agosto a cidade herulina gozará dunha artista que nos deleitará cun repertorio que abarca desde pezas clásicas ata composicións contemporáneas.