Ciclo “A Coruña e a masonería”

O Circo de Artesáns adica o mes de novembro ao ciclo

A Coruña e a Masonería

O tema destas xornadas, a masonería, está fondamente vencellado á nosa cidade. A presencia de loxias masónicas dende principios do século XIX, converte á Coruña nun dos focos masónicos principais de toda España. Os vencellos entre masonería e liberalismo contribúen a marcar o carácter da nosa cidade. A trascendencia do liberalismo aquí e das diferentes asonadas liberais e progresistas non se pode explicar sen a presencia dos masóns.

 

O rexurdimento cultural de finais do século XIX e principios do XX, a través do Rexionalismo, tampouco ten explicación sen a presencia masónica. O mesmo Circo de Artesáns estivo fortemente relacionado coas irmandades masónicas. Abad Conde e Casares Quiroga, Curros e Carré Aldao… marcaron o devir da nosa cidade, e todos foron destacados masóns.

 

O Ciclo “A Coruña e a masonería” iníciase o lúns, día 4 de novembro, ás 19.30 horas, coa apertura dunha exposición relativa ao tema masónico e cun concerto dunha selección de pezas de Wolfgang Amadeus Mozart, tamén recoñecido masón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *