Camerata OSG – Concerto homenaxe a Marcial del Adalid

Concerto Camerata OSG

Homenaxe a Marcial del Adalid

Venres, 13 de setembro

ás 19:30 horas

Entrada libre ata completar aforo
Presentado pola musicóloga, Margarita Viso Soto (especialista na vida e obra de Marcial del Adalid) sobre aspectos relevantes da súa vida e obra, así como da súa relación coa lingua galega, destacando os seus “25 Cantares vellos e novos de Galicia” sobre poemas de Fanny Garrido.
Na parte musical estrearase “Serenata para instrumentos de cordas” de Marcial del Adalid cun arranxo para orquestra de cordas, pola Camerata Osg, dirixida por Wladimir Rosinskij, músico, compositor e director afincado na Coruña, desde a súa chegada a Orquestra Sinfónica de Galicia, hai máis de 25 anos.
Esta homenaxe contará con outras interpretacións musicais da Camerata Osg, de compositores relacionados co autor, tanto contemporáneos seus, Alexander Glasunov, Sibelius, Mendelsohn, como referentes da súa obra, Mozart (Allegro do Divertimiento Fa maior, K.138 (1772) para cordas.
Unha nova tarde de cultura e música que ofrecemos no noso salón de actos, con Margarita Viso Soto e a Camerata Osg, dirixida por Wladimir Rosinskij, para rememorar á persoa de Marcial del Adalid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *