A CORUÑA – LA HABANA – Recital de Habaneras. Orfeón Herculino – mércores 19 de xuño

 

 

Concerto do Orfeón Herculino

Recital de Habaneras

Mércores, 19 de xuño ás 19:30 horas

Esta agrupación interpretará as cancións habaneras máis populares.                                                                A habanera nace na pirmeira metade do século XIX, froito da evolución dos diversos estilos musicais
que se confluiron na Illa de Cuba. Con influencias da danza cubana e a contradanza criolla, cada vez
vai cobrando máis importancia e popularidade.
Pese ás suas orixes, non é na illa caribeña onde colle maís arraigo. En España, o compositor Sebastián
Iradier compón a primeira habanera coñecida: La Paloma (1863).
Moi pronto en Cuba foi reemplazada por novos ritmos. O danzón e o bolero cubano suceden a este
tipo de música. En España, despois de pasar polos escenarios da música culta, a habanera exténdese
enormemente entre as clases populares.
Son os portos costeiros onde mais arraigou a habanera. Torrevieja e Calella coñecen os maiores
festivais deste tipo de canción. Interpretes como Marina Rossell ou Silvia Pérez Cruz fixeron suas
cancións con auténtico arraigo popular.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *