Luns, 3 de xuño
Inauguración exposición
Levaráse a cabo a inauguración das xornadas de “A Coruña – La Habana”.
O acto de apertura das xornadas se concreta na inauguración das exposicións de “Galegos
na Habana”, unha, e , outra, sobre “As relacións postais entre A Coruña e América”, esta
última organizada pola Sociedade Filatélica de A Coruña. A nota musical, interpretando
cancións galegas con fonda relación coa Habana, correrá a cargo do Orfeón Herculino.
A estes actos teñen comprometida a súa asistencia Dª Natividad de Jesús González
Rodríguez, deputada provincial de Cultura, e Dª Ingrid Izquierdo Sterling, Cónsul General da
República de Cuba en Galicia.
Xoves, 6 de xuño
Conferencia
O expresidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, dará unha conferencia baixo o título : A Coruña, transformacións locais e posicionamento externo.
O conferenciante será presentado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Con esta intervención
inaugurase o ciclo de conferencias do programa A Coruña – la Habana, que se desenvolverá ao longo
de todo o mes de xuño no Circo de Artesáns.
Sábado, 8 de xuño
Concerto
Concerto CANCIÓNS DO BARLOVENTO
Susana de Lorenzo (soprano) e Ruperto Twine (Piano)
Interpretarán obras relacionadas coa Illa de Cuba e Galicia. Son obras de Castro Chané ( Os teus ollos, Cántigas, Gaiteiriño…) , cinco cancións do compositor Montsalvatge e unha recopilación de habaneiras en galego.
Todos os actos se levarán a cabo ás 19:30 horas no local social da sociedade
Circo de Artesáns, rúa Santo André 36