A CORUÑA – LA HABANA – Conferencia “A Coruña e La Habana, unha relación canviante de máis de tres Séculos”

Conferencia

“A Coruña e La Habana, unha relación

canviante de máis de tres Séculos”

 

Venres, 14 de xuño ás 19:30 horas

Conferencia a cargo de María Xosé Rodríguez Galdo.                                                                                            O tema da sua intervención será as relacións entre a nosa cidade e a cidade de La Habana. O título desta
conferencia é o de “A Coruña e La Habana, unha relación cambiante de máis de tres séculos”.

María Xosé Rodriguez Galdo é un referente nos estudos da emigración en Galicia. Catedrática de
Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago, ocupou relevantes postos académicos nesta institución: Vicerrectora da Universidade, Directora do Instituto Universtario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, Directora do Centro de Estudos da Poboación e Análise das Migracións.   Foi tamén Vicepresidenta do Consello de Cultura Galega.
Na súa amplia producción bibliográfica, cabe destacar “A crise agraria de 1853 e a emigración galega
a Cuba” e “O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX”, obras que a convirten nunha ds voces maís
autorizadas para falar da emigración galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *