Concertos no Circo de Artesáns 2024
Beatriz Riobó, soprano
Alejo Amoedo, piano
Sábado 23 de marzo ás 19:30h
Entrada libre ata completar aforo
Beatriz Riobó, soprano
Obtén o título Superior de Canto da man da soprano Teresa Novoa. Posúe diploma en Gaita Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, licenciada en Filoloxía Germánica pola UVigo, postgraduado en canto polo Royal College of Music de Londres e Máster en Investigación Musical pola VIU. Ademais, foi gañadora da bolsa Juventudes Musicales de España no ano 2002.
Dende 1997 a 2005 traballou no Teatro Real de Madrid e no Auditorio Nacional de Música baixo a batuta de Pedro Halffter, Cristobal Halffter, Krzysztof Penderecki, Marc Soustrot, Daniel Lipton, Friedich Haider, Jesús López Cobos, Antoni Ros Marbá, García Navarro ou Peter Schneider, entre outros. Realizou xiras por Italia, Suíza, Canadá, Bélxica, Francia, Portugal, EEUU e Inglaterra. Tamén impartiu masterclases de canto nos conservatorios de Turquía (Estambul e Esmirna), Italia (Bari, Palermo, Parma), Bosnia (Sarajevo), Serbia (Novisad) e Croacia (Zagreb).
Entre as gravacións nas que participa destacan Henry Clifford de Albéniz para Decca no 2003 e Merlín de Albéniz para a BBC en 2004. Ademáis participa na estrea da ópera Don Quijote de Cristóbal Halffter; Labirinto Azul de Juan Eiras e Canticum de Ángel Barja.
No ano 2005 obtén a praza de profesora de canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Alejo Amoedo, pianista
Especializado no repertorio de compositores galegos, realiza estudios de acompañamento vocal en Madrid co lendario pianista Miguel Zanetti. Alejo é Doutor pola Universitat Politècnica de Valencia.
Foi pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, así como na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) e na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Na actualidade pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Foi galardoado co «Premio da Crítica de Galicia» (2021) e co «Premio da Música Gregorio Baudot» (2022), este último concedido pola Sociedade Artística Ferrolana.
É integrante do colectivo cultural Pertenza; asesor da Fundación Reveriano Soutullo; membro da Irmandade da Música Galega; membro electivo do Plenario do Consello da Cultura Galega (2022), vogal da súa Comisión Executiva, así como coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia. Acaba de ser elixido membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses (2024).
Ingresou como académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes (2024) lendo o discurso “Reveriano Soutullo Otero (1880 – 1932). «Música de Salón» con piano no alborexar do século XX”.